A versión 3.5.1 de Wordpress, cen por cen dispoñÃbel na nosa lingua
xoves, 31 de xaneiro do 2013
Que unha ferramenta útil e de uso
común como Wordpress teña a interface de usuario dispoñÃbel en
galego, na súa flamante versión 3.5, é sempre unha boa nova, tal
e como sinalamos hai uns dÃas dende Código Cero, pero a cousa
convértese en nova excelente cando se
nos conta que a tradución á nosa lingua é do 100% na 3.5.1,
tal e como
se pode ver na táboa de idiomas dispoñÃbeis para este servizo de
balde para a creación e mantemento de blogs. Isto significa,
entre outras cousas, que amais do panel de uso común, tamén veremos
en galego elementos como os menús de administración.
Temos todo isto ao alcance da man na
versión 3.5.1 de Wordpress, que pon en xogo a corrección de 37 bugs
con respecto á 3.5. Lembrar que detrás deste importante traballo
atópase o grupo
de localización de WordPress ao galego. Dende este colectivo
informan, para que ninguén se durma e tódolos usuarios de novas
tecnoloxÃas en galego poidan ter ao alcance da man as vindeiras
versións deste aplicativo de publicación de bitácoras, que é
preciso seguir traballando para corrixir posÃbeis erros e ir dando
forma á vindeira achega 3.6, agora en desenvolvemento.
Como noutras ocasións, lembran
que non está de máis que cada quen poña o seu gran de area no
labor de adaptación ao galego desta e outras ferramentas libres,
e máis tendo en conta que se trata dun labor desinteresado, sen
arela de lucro nin máis recompensa que traballar a prol do idioma e
da programación aberta, feito por voluntarias/os.