Aberto un centro en Madrid que facilita o acceso ás TIC de inmigrantes e refuxiados
xoves, 3 de xuño do 2010
A Fundación Esplai, unha entidade que traballa en prol dos
colectivos con máis risco de exclusión social, en colaboración con Microsoft e
Merced Migraciones, vén de estrear en Madrid un novo centro Conecta de acceso ás novas tecnoloxÃas,
que lle permitirá as persoas inmigrantes e refuxiadas achegarse cando o
precisen para conectarse á Rede.
Este novo espazo, situado na rúa Campanar nº4 da capital
española, ofrecerá máis oportunidades laborais e de accesibilidade a través das
novas tecnoloxÃas da información e da comunicación aos devanditos colectivos,
que doutra maneira non terÃan a posibilidade de acceder á Rede e, entre outras
actividades, buscar traballo máis comodamente por Internet.
Grazas
a este centro, os usuarios e as usuarias da entidade, terán acceso ás múltiples
vantaxes que ofrece a tecnoloxÃa, e que van dende empregar os principais
programas de ofimática, como Word ou Excel ata aprender a redactar curriculums e buscar traballo a
través das bolsas de emprego on line, pasando por crear un
perfil laboral nas redes sociais. En definitiva, habilidades e coñecementos
relacionados coa informática e Internet que lles permitirán mellorar as súas
oportunidades socio-laborais nun paÃs que non é o seu.