Adblock Plus atopa o xeito de continuar bloqueando a publicidade en Facebook
xoves, 11 de agosto do 2016
Pouco lle durou a alegrÃa a Facebook, e tras anunciar
que viña de por en marcha un sistema para saltase aos bloqueadores de
publicidade de xeito que todos os visitantes á súa páxina web terÃan que
ver os seus anuncios, dende Adblock Plus (un dos 2 bloqueadores máis populares
a nivel mundial) saÃron tamén á palestra para anunciar que xa atoparan
o xeito de evitar a técnica antibloqueo de publicidade, poñendo asà en
marcha un novo xogo do gato e o rato.
O feito de que Facebook, de xeito unilateral, decidise saltar os filtros de
contidos instalados polos usuarios veuse como unha declaración de guerra por
parte de Adblock Plus, e puxéronse duramente a traballar até que atoparon un
filtro que bloqueaba a nova publicidade de Facebook, e publicaron instrucións
para poñen en funcionamento dende xa.
Agora esperan que Facebook realice modificacións no seu sistema para volver a
saltarse as medidas antipublicidade, e dende Adblock Plus volverán a buscar a
solución ao problema, entrando no que poderÃa ser un bucle infinito por ambas
partes agás que se atope un punto de achegamento entre ambas partes.