Alphabet cancela o proxecto para levar a Internet a lugares afastados mediante globos
venres, 22 de xaneiro do 2021
Hai
varios anos Google emprendeu un proxecto alternativo aos satélites de baixa
altura para dotar a zonas afastadas de banda larga empregando globos, e aÃnda que
o Proxecto
Loon fose prometedor, agora recoñecen que non foron quen de acadar os seus
obxectivos, polo que decidiron dicir
adeus a esta iniciativa.
A tecnoloxÃa desenvolvida permitÃa dar conectividade á Internet móbil a una zona
de 11.000 quilómetros cadrados por cada globo, ou sexa, que conseguÃa
multiplicar por 200 a cobertura dunha antena de telefonÃa móbil ordinaria, o
que parecÃa unha solución moi prometedora, pero finalmente dende Alphabet
consideraron que non pagaba a pena seguir investindo no proxecto ao non conseguir
reducir dabondo os custo para poder construÃr un modelo de negocio sustentable
a longo prazo.
Temos asà unha tecnoloxÃa que demostrou ser válida, pero que funcionaba cunha
premisa económica que non conseguiu cumprirse, polo que agora haberá que manter
a confianza nas novas constelacións se satélite de baixa altura que prometen
ser chave para levar a Rede a onde non é posible mediante as infraestruturas
ordinarias, achegando un servizo cunha calidade moi superior á das conexións
satelitais actuais (que adoecen dunha elevada latencia).