Amazon négase a achegar datos rexistrados por Alexa para unha investigación de asasinato

venres, 24 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Nos EE.UU. está a converterse en todo un fenómeno o uso dos altofalantes conectados Amazon Echo, que facilitan o uso doméstico da intelixencia artificial Alexa a través da voz, para o que o sistema está escoitando constantemente o que se di, pero o que non se pensara en ningún momento é que esta tecnoloxía puidese empregarse como escoitas en investigacións criminais, especialmente porque non hai autorización xudicial para tal práctica (e facelo con carácter retroactivo non parece ser moi respectuoso coas garantías que deben protexer aos cidadáns) de aí que está a suscitarse unha grande polémica despois de que as autoridades en Arkansas pedisen a Amazon unha copia das transcricións feitas por un altofalante Echo no marco dun xuízo por asasinato.
O Amazon Echo quere converterse nun elemento do fogar que tanto poida ambientar musicalmente como facilitar información de interese ou alertarnos das nosas tarefasAmazon considera que as autoridades non demostraron claramente que a súa investigación fose máis importante que o dereito á intimidade dos seus usuarios, e consideran que os datos rexistrados estarían protexidos pola Primeira Emenda dos EE.UU. en resposta a un requirimento policial do pasado mes de decembro.
Dende Amazon aseguran que non cederán os datos rexistrados agás que se demostre que a información non podería conseguirse de ningún outro xeito (como a través do teléfono do falecido, xa que os datos que buscan poderían estar na aplicación móbil de Alexa) e que sería realmente relevante no caso en cuestión, algo bastante difícil de demostrar, e que lembra á loita xudicial de Apple co FBI tras o tiroteo de San Bernardino.

PUBLICIDADE