Amazon supera o billón de dólares de valor de mercado
martes, 4 de setembro do 2018
Hai algo máis dun mes Apple fixo historia ao converterse
na primeira compañÃa norteamericana en conseguir superar o billón de dólares en
valor de mercado, situación consolidada, de xeito que actualmente incluso
supera os 1.100.000 millóns de dólares, pero semella que a compañÃa de Cupertino
non vai estar soa nesa cima, pois Amazon vai seguÃndolle os pasos de xeito
firme, e durante a xornada de hoxe chegou
a un valor de 2.050 dólares por acción, superando asà o billón de dólares de valor de mercado.
AÃnda que Amazon non conseguiu manter un valor de mercado superior aos 995.000
millóns de dólares, é de esperar que consiga superar o billón de dólares en
varias ocasións nos vindeiros dÃas, até consolidarse por enriba de tal barreira
psicolóxica, xa que o negocio de Amazon non cesa de medrar e as súas previsións
a longo prazo son moi positivas.
Cómpre salientar que Amazon non só fai negocio co seu mercado en liña, senón
que tamén ten un sólido negocio de servidores na nube, cunhas marxes de
beneficio moi superiores aos das vendas de produtos fÃsicos. Precisamente a boa
posición de Amazon neste tipo de servizos, nos que é un dos grandes referentes
globais, é chave para que os mercados bolsistas confÃen no futuro da compañÃa,
e asà experimente crecementos moi importantes en cotización.
Lembremos que a boa recepción no mercado de Amazon tamén colocou en numerosas ocasións ao seu fundador, Jeff Bezos, como o home máis rico do mundo (posto que ocupa actualmente cunha marxe de diferenza moi ampla sobre Bill Gates).