Anulan a sanción de 222.000 dólares por compartir 24 cancións a través de KaZaA
venres, 26 de setembro do 2008
- Jammie Thomas saÃndo do xulgado tralo xuÃzo que tivera lugar en 2007
En outubro do ano
pasado un tribunal de Minnesotta condenou a Jammie Thomas
a pagar 222.000 dólares por compartir 24 cancións a través da rede KaZaA, o
que as entidades de xestión de dereitos de autor aplaudiron no seu momento,
pero a loita xudicial está lonxe de rematar e un xuÃz desbotou a sentenza
anterior por considerar que o feito de compartir unha canción a través da
Internet non constitúe en si mesmo unha infracción dos dereitos de reprodución
das obras, pois é preciso que se demostren as transferencias dos temas musicais
(e non só a súa posta a disposición doutros usuarios de redes P2P).
Lembremos que o veredicto anterior estimaba impuxo unha sanción de 9.250
dólares por canción compartida, pero esta multa terÃa que ser proporcional ao
número de descargas dos temas, de terse producido algunha, o que a acusación (a
RIAA, equivalente norteamericano á SGAE) non demostrou ata o momento.
Agora o
xuÃzo terá que repetirse, e parece que concluirá coa absolución de
Thomas, posto que demostrar as transferencias reais dende o equipo da acusada
non parece que sexa tecnicamente posible, pois as descargas verificadas
corresponderÃan ás dos propios investigadores da RIAA (e que non parece
razoable que se poidan imputar á acusada, posto que se fixeron a instancias da
propia industria discográfica).
Cómpre indicar que a sentenza do ano pasado parecÃa claramente
desproporcionada, xa que as descargas a través de KaZaA realizadas por Jamie
Thomas corresponderÃan a uns 3 discos compactos, polo que o dano para a
industria apenas poderÃa superar os 50 dólares, de aà que unha sanción de
222.000 dólares pareza algo surrealista. Tamén hai que lembrar que o caso de
Thomas é só un dos máis de 30.000 que iniciaron contra usuarios de KaZaA, pero
na súa meirande parte remataron en acordos extra-xudiciais que contaron con
bastante publicidade (pois os acusados aceptaran compensar economicamente á
RIAA) polo que esta serÃa a primeira ocasión na que se xulga seriamente a un
usuario da rede P2P KaZaA nos EE.UU., dando a impresión de que os argumentos utilizados
pola industria discográfica nos últimos anos non estaban debidamente fundamentados,
e a campaña de acoso aos usuarios deste tipo de redes parece ser totalmente
inútil (o fenómeno medrou enormemente co espallamento da banda larga nos
fogares).