Aparecen múltiples rumores sobre un futuro móbil de Microsoft
luns, 8 de febreiro do 2010
A unha semana da
celebración do Mobile World Congress en Barcelona dispáranse os rumores sobre o
sistema operativo Windows Mobile 7 e un posible móbil promovido por Microsoft,
que reaccionarÃa deste xeito ao iPhone de Apple e o Nexus One de Google, dando
un salto evolutivo nos seus terminais móbil grazas en boa medida por incorporar
as bondades da interface de usuario do reprodutor multimedia Zune ao seu
sistema operativo, de xeito que deixarÃa de parecer un Windows de peto, para
estar ben adaptado a un terminal de reducido tamaño.
Pero que o futuro móbil, que poderÃa responder ao nome de Windows Phone 7, vaia
ter un manexo semellante a un Zune HD non deberÃa sorprender (agardábase xa tal
medida co Windows Mobile 6.5, aÃnda que finalmente non foi asÃ), pero o que
igual pilla a moitos co pé cambiado é o rumor de que o
novo dispositivo poderÃa non ser multi-tarefa e non soportar Flash inicialmente,
ou sexa, que compartirÃa certas carencias co iPhone, aÃnda que o caso do Flash
deberÃa ser eventual (pois existe un bo entendemento entre Microsoft e Adobe a
este respecto).
O sistema operativo do Windows Phone 7 tamén terÃa certo nivel de integración
coa Xbox 360, e estarÃa aberto á tenda de contidos da mesma, o que poderÃa ser
un bo comezo para esta plataforma, que non comezarÃa dende cero.
Pero por outra banda tamén chegaron cadeas de rumores con toda
unha serie de novas caracterÃsticas coma serÃan o soporte de tecnoloxÃa
Silverlight fóra do navegador web, a posibilidade de utilizar o XNA
GameStudio 3.1 para facer xogos para o novo móbil, soportarÃa tecnoloxÃa push e incluso chega a falarse de que o
terminal non estarÃa fabricado directamente por Microsoft, pero a compañÃa de
Redmond terÃa incluÃdo seriamente no seu deseño (o que lembra ao Nexus One).