Curso de introdución ás redes de comunicacións no CNTG
luns, 10 de maio do 2010
- Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia
O Centro de Novas
TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) acollerá o vindeiro 1 de xuño entre as 17:00 e as
19:00 horas unha xornada
sobre fundamentos tecnolóxicos das redes de comunicacións impartida por
Javier Novoa, profesional especializado no mundo das redes e as comunicacións e
colaborador habitual do CNTG. Esta actividade formativa será de balde, con
limitación de aforo, rematando o prazo de inscrición a través da páxina
web do CNTG o 31 de maio.
A xornada-coloquio vai dirixida especialmente a persoal técnico das áreas da
informática, electrónica e telecomunicacións que non sexa especialista no
deseño e administración de redes de datos, programadores… que teñan interese en
coñecer as tecnoloxÃas LAN máis implantadas na actualidade, como pode ser a
profundización en conceptos como IP, Ethernet, NAT,
DHCP, VLAN, MAC, ARP, VPN, conmutación ou enrutamento.