Cursos de balde sobre a publicación na web e as redes sociais
luns, 4 de xullo do 2011
Durante o mes de
xullo SIMCe
Consultores organiza en Santiago de Compostela uns cursos subvencionados
pola Xunta de Galicia e o Fundo Social Europeo dirixidos a persoas das
industrias culturais (principalmente perfÃs técnicos e xefes de proxecto que
teñan que ver coa área de comunicación e persoal administrativo en xeral) que
achegaranse á xestión de contidos web e ás redes sociais.
O primeiro curso será O Posicionamento e
a Xestión de Contidos Web, estará impartido por Manuel Veloso e Christian
D. v. Eitzen, e terá lugar os dÃas 11, 12, 18 e 19 de xullo de 16:00 a 21:00
horas (completando a formación con outras 20 horas a distancia), e tratarán os
temas de A web como elemento de marketing,
Conceptos básicos para a publicación na
Rede e a Xestión de contidos con
Joomla.
O segundo curso leva por tÃtulo Plan de
Comunicación en liña e Redes Sociais, celebrarase os dÃas 13, 14, 20 e 21
de xullo de 16:00 horas a 21:00 horas (con outras 20 horas a distancia), será
impartido por Alberto Lázaro, Fuencisla Cid e Miguel del Fresno, e os temas que
abordará serán O plan de comunicación en
liña, Introdución ás redes sociais,
Funcionalidades das redes sociais e
ferramentas de traballo en liña e, para rematar, un Caso práctico.
Os cursos teñen prazas limitadas (25 persoas) e a súa inscrición pode
realizarse por correo electrónico
ou no teléfono 986 419 922 ext. 2006.