Denuncian que populares aplicacións para Android comparten información con Facebook sen permiso do usuario
luns, 31 de decembro do 2018
O Financial Times recolle un estudo de Privacy
International que conclúe que cando
menos 20 de 34 aplicacións populares de Android analizadas estarÃan a
transmitir información sensible a Facebook sen ter solicitado o permiso
pertinente aos usuarios, como esixe a lexislación europea. Falamos de
aplicacións como Kayak, MyFitnessPal, Skyscanner ou TripAdvisor, que
compartirÃan datos como o Android ID, que aÃnda que non terÃa por que
identificar totalmente ao usuario, si poderÃan empregarse para tal fin cruzando
máis información. No caso de Kayak incluso aseguran que poderÃa enviar datos de
busca de voos, datas de viaxe e incluso se os transportes se realizarán con
cativos.
AÃnda que estas aplicacións non estarÃan necesariamente abusando dos datos dos
usuarios, si estarÃan a vulnerar o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD)
ao recoller sen consentimento tal información e potencialmente identificar aos
usuarios. Ao parecer boa parte da culpa deste comportamento das aplicacións son
os kits de desenvolvemento de software subministrados por Facebook, que tardaron
en adaptarse ao RXPD e, en moitas ocasións, as aplicacións desenvolvéronse con ferramentas
que non tiñan en conta a lexislación europea. De feito, algúns desenvolvedores
das aplicacións analizadas recoñecen ignorar que estaban a enviar datos a
Facebook sen ter solicitado o consentimento preciso.
Dende Facebook recoñecen a necesidade de que os usuarios controlen os seus
propios datos, pero non tomaron medidas para que os desenvolvedores de
aplicacións que fan uso das súas ferramentas fosen conscientes dos cambios
lexislativos e iso poderÃa levar a que en poucos meses vexamos importantes
sancións por tal desleixamento.