Dismedia celebra a súa segunda xornada de demostración o vindeiro 25 de setembro en Compostela

xoves, 5 de setembro do 2013 Redacción

A empresa galega Dismedia xa ten entre mans unha nova xornada de presentación de tecnoloxías e servizos de seu para o ámbito da docencia, logo do concorrido encontro con profesores e técnicos celebrado no mes de xullo en Compostela, no Centro Demostrador TIC. Pois ben, segundo nos conta José Juan Nimo dende Dismedia, a nova cita será no mesmo emprazamento, o vindeiro 25 de setembro, convocada en boa medida como resposta ao elevado interese amosado polo público participante na demostración primeira.
A xornada, que será duplicada (en mañá e tarde, para que sexa máis cómodo para os docentes), está especialmente dirixida (como a primeira xuntanza) a directores, mestres, profesores de educación especial e outros axentes relacionados coa educación. O encontro servirá entre outras cousas para presentar a pantalla-encerado que non proxecta sombra (PSS), a plataforma dixital Diodro (que facilita a xestión interna de calquera centro educativo), o Escudo Web (protección na Rede para o alumnado) ou o laboratorio de idiomas Roycan.

PUBLICIDADE