Google Duo amplia as videoconferencias en grupo ata 12 participantes
venres, 27 de marzo do 2020
En 2016 Google abriu ao público a aplicación
de videoconferencia móbil Duo, que un par de anos despois estreou a
funcionalidade de videoconferencias
en grupo, que permitÃa conversas de ata 8 persoas á vez, e ante a demanda
deste tipo de comunicacións durante os tempos de reclusión doméstica decidiron
ampliar este número, de xeito que agora será posible
congregar ata 12 persoas nunha conversa a través da aplicación
dispoñible para Android e para
iOS.
Cómpre lembrar que aÃnda que un número moi elevado de participantes nunha conversa
de vÃdeo pode ser complicado de xestionar, outras aplicacións permite volumes
de usuarios bastante superiores, de xeito que o FaceTime de Apple admite ata 32
usuarios, o Skype de Microsoft acepta ata 50 usuarios na versión persoal (e 250
na versión corporativa) e o Hangouts
Meet permite ata entre 100 e 250 participantes (en función da versión de G
Suite que teñamos). Ou sexa, que son moitas as plataformas que permite comunicarnos
en grupo, de xeito que xuntanzas relativamente grandes que ata o momento realizabamos
en persoa poden realizarse en remoto de xeito doado, o que pode resultar de
utilidade para o traballo, a docencia ou, simplemente, para manter o contacto
entre amigos e familiares.
