Google introduce cambios para rastrexar mellor o contido para smartphones
xoves, 23 de xaneiro do 2014
As páxinas web detectan en moitas ocasións os tipos de
dispositivos que están a acceder ás mesmas para presentar unha versión
optimizada para os mesmos, especialmente dende que os dispositivos móbiles
están a cobrar unha maior relevancia, e atendendo a esta tendencia Google
anuncia que está a mudar o xeito no que explora o contido da web, de xeito que estrea
un novo user-agent para que o seu
robot de exploración poida identificarse claramente como un smartphone e
non como un móbil de baixa gama, de xeito que o buscador saberá cando unha
páxina web está adaptada aos distintos dispositivos móbiles.
Google tivo que facer este cambio porque moitas páxinas web presentaban ao
robot de busca a súa versión para móbiles básicos (normalmente moi pobre, para facilitar
a súa carga en dispositivos de baixa gama), cando hoxe un dispositivo móbil
pode ser unha cousa ben distinta, pois smartphones e tablets non teñen moitos
problemas para traballar con versións completas de páxinas web, resultando de
interese saber se están adaptados para este tipo de dispositivos controlados de
xeito táctil.
Dende Google estiman que este cambio afectará a menos dun 0,001% dos enderezos
web e proporciona aos webmasters un maior control sobre o rastreo e a
indexación do contido.