Joikusoft e FON presentan o seu software hotspot sen fíos para móbiles
venres, 8 de agosto do 2008
Joikusoft, o organismo de desenvolvemento
de software móbil, en colaboración con FON, a coñecida comunidade mundial
Wi-Fi, veñen de publicar unha versión exclusiva da solución de hotspot móbil Joikusoft, denominada FonSpot.
Esta aplicación converte o
teléfono móbil nun Wi-Fi HotSpot, permitindo que calquera ordenador portátil,
iPod Touch, Internet tablet ou calquera outro dispositivo Wi-Fi, se conecte á
Rede empregando calquera teléfono móbil compatible como Porto de Internet
seguro de alta velocidade.
Segundo afirman os seus
creadores, o FonSpot con Wi-Fi, “reemprazará
de xeito eficaz ás conexións por Bluetooth, cable e USB no que respecta ó
acceso á Rede” empregando teléfonos móbiles e conectividade 3X.
Os usuarios desta tecnoloxía
poden ter o control completo sobre o acceso futuro da súa conexión sen fíos á
Rede de FonSpot e poden facelo de xeito seguro grazas á garantía de seguridade
que ofrece a plataforma relacionada co proxecto Symbian OS.
FonSpot é unha oferta
exclusiva para os membros da comunidade FON, poderán compartir as súas
conexións a Internet cun total de ata 5 amigos a partires do terceiro trimestre
de 2008.