Mañá bota a andar Mundos Digitales na cidade da Coruña
mércores, 5 de xullo do 2017
Esta mañá
presentouse aos medios a 16ª edición do congreso internacional Mundos Digitales
que dende mañá e ata o sábado acollerá no recinto de PALEXCO na cidade da
Coruña a centos de profesionais da creación dixital en moitos dos seus ámbitos,
presidindo o acto de presentación o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, quen
estivo acompañado polo reitor da UDC, Julio Abalde; o director de Mundos
Digitales, Manuel Meijide; e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, quen recoñeceu
o enorme potencial do sector dos contidos dixitais polas súas múltiples
aplicacións ao resto dos sectores produtivos, tanto na modernización e
innovación do sectores audiovisual, dos contidos culturais e do entretemento
como pola capacidade de dinamizar
ámbitos como o turismo, a educación ou a sanidade.
Pereira quixo lembrar que, desde esta perspectiva, a Xunta en colaboración cos
Clústers Audiovisual e Tecnolóxico de Galicia puxo en marcha o Programa Viraxe
TIC para posicionar
á nosa comunidade no ámbito innovador dos contidos dixitais. Entre as súas
iniciativas está en marcha a elaboración dun estudo para identificar as
principais oportunidades de negocio neste ámbito e analizar as perspectivas do
sector ante as novas tendencias, para asà establecer un punto de partida para
nun futuro apoiar proxectos de innovación tecnolóxica neste eido, establecendo
mecanismos que incentiven o desenvolvemento dos novos produtos e servizos conxuntos
entre o sector tecnolóxico e audiovisual galego.
A
responsable da AMTEGA destacou que as novas tendencias dixitais están dando
lugar a un xurdimento continuo de novos perfÃs profesionais e, polo tanto,
de novas oportunidades e demandas laborais ás que é preciso dar resposta.
Pereira lembrou que este é un dos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia, que
contempla medidas para impulsar o talento tecnolóxico na Comunidade,
desenvolvemento de actuacións conxuntas cos Colexios profesionais e a ConsellerÃa
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impulsar vocacións tecnolóxicas e aliñar as
capacidades dixitais dos profesionais galegos coas demandas do tecido
empresarial.
O reitor da UDC salientou pola súa banda as oportunidades que un evento como
Mundos Digitales abren a estudantes de varias das súas titulacións (como
Comunicación Audiovisual e EnxeñarÃa en Informática), mentres que o alcalde
coruñés quixo destacar o rol da cidade na historia do audiovisual galego,
entendendo asà que a celebración de encontros deste tipo transcorre de xeito
natural pola senda que transita A Coruña dende hai décadas.
Segundo explicou o director de Mundos Digitales, esta cita congrega na Coruña a profesionais
de ámbito nacional e internacional do mundo da animación, a realidade virtual,
os videoxogos e a arquitectura dixital, ten nesta 16ª edición a máis de 650
participantes rexistrados que asistirán a relatorios, obradoiros, entre outras
actividades como unha feira de emprego ou unha exposición de proxectos
innovadores e creativos e, por primeira vez na historia deste encontro, contará
con actividades paralelas abertas ao público xeral, como a
xornada Out of the Box e un
par de obradoiros para cativos organizados polo CPEIG.

- O director de Mundos Digitales debullou esta mañá os contidos do congreso internacional
