Mundos Digitales inicia un novo proxecto de formación en colaboración con El Ranchito
martes, 26 de xuño do 2018
A XVII edición de Mundos Digitales, o
congreso internacional de animación, efectos especiais, videoxogos e novos media
que se celebra do 5 ao 7 de xullo na Coruña, estende de novo as súas
actividades máis aló dos tres dÃas de celebración do encontro. Tras a exitosa experiencia da Sesión
Especial de Game of Thrones que
Mundos Digitales realizou en Madrid o pasado mes de outubro, ponse en
marcha o proxecto MD 2.0, unha
experiencia de formación única no sector que permitirá aos alumnos de
destacados centros de formación de animación e efectos visuais replicar o sistema de traballo das grandes
producións internacionais.
MD 2.0 conta coa colaboración de Félix Bergés, supervisor de Efectos Visuais de El
Ranchito, gañador de 11 premios Goya e responsable entre outras moitas
producións, dos efectos especiais de Game
of Thrones, Un Monstruo viene a verme
ou Boardwalk Empire. Como explica o director de Mundos
Digitales, Manuel Meijide, «é unha
experiencia de formación moi ambiciosa na que se rodará unha curtametraxe e
imaxe real, con actores e actrices profesionais, e no que se replicará o formato de traballo da produtora HBO
coas grandes compañÃas de efectos, trasladando toda esta experiencia a un grupo
de destacados centros de formación nacionais para levar a cabo a animación e os
efectos visuais da mesma». Os centros que participarán nesta experiencia única
a nivel internacional son CICE, FX Animation e Trazos.
Ademais, Mundos Digitales estrea na súa edición deste ano a
curtametraxe Nina,
the little bulldozer, unha produción de divulgación e concienciación
sobre a epilepsia cuxos autores se coñeceron, precisamente, nunha edición
anterior do congreso coruñés. O equipo, liderado por Carlos Grangel (deseñador de personaxes animados de
pelÃculas como Madagascar, Kung Fu Panda ou La Novia Cadáver) fraguou fai catro anos unha alianza que
desembocou neste documental que relata a historia de Nina, filla dunha inmigrante galega en México
e EEUU, e a súa loita por superar unha enfermidade que a sociedade aÃnda
percibe como un estigma.
Como en cada edición, Mundos Digitales acollerá
conferencias, obradoiros e encontros cos mellores creadores da industria, que
expoñerán as máis novas técnicas de creación dixital en cinema, televisión,
videoxogos, publicidade e novas aplicacións que van desde a arquitectura
dixital ata a mercadotecnia.
Ademais una das actividades máis importantes de Mundos Digitales
é a Feira de Emprego, a segunda máis importante de Europa no sector, na que
unhas 20 compañÃas, varias delas internacionais, buscarán este ano novos
talentos para os seus proxectos. Outras seccións relevantes son Out
of the Box, centrada en novas aplicacións industriais e empresariais da
creación dixital e School
Leads, dedicada aos centros formativos, universidades, escolas e
academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos
dixitais en xeral. A oferta de actividades complétase co Festival Internacional
de Curtas de Animación.
Conferencias
Na edición deste ano repite asistencia Rajesh Sharma, director tecnolóxico de Walt Disney Animation Studios, un dos conferenciantes máis
aplaudidos no ano pasado e que nesta ocasión describirá, de principio a fin, o
proceso de facer pelÃculas de animación e os retos do futuro deste xénero.
Asà mesmo, Sebastian Sylwan, socio creativo
de Felix& Paul Studios e responsable
de experiencias inmersivas de alta
calidade como Jurassic Park e Inside the White House with Barack and Michelle Obama
presentará, como compañÃa lÃder a nivel mundial en realidade virtual, as
últimas tendencias neste puxante sector. Outro conferenciante de primeira fila
será Jayse Hansen, o cerebro detrás de interfaces de
usuario ficticias como as que ven en pelÃculas de éxito como Los Juegos del Hambre, Iron Man e Star Wars.
Tamén está confirmada a participación de Mike Ladlaw, un dos mellores consultores da industria dos videoxogos (director
creativo da serie Dragon Age) que
colabora agora coa empresa coruñesa Gato Salvaje na súa nova creación, The Waylanders.
