Nintendo comeza a tomar medidas contra a segunda man
xoves, 13 de novembro do 2008
Os fabricantes de videoxogos
levan moito tempo queixándose do dano que lles fai ao seu negocio a venda de
segunda man e o aluguer, e parecen querer tomar medidas para incentivar a
compra de produtos novos, aÃnda que a fórmula elixida por Nintendo resulta un
tanto curiosa, xa que o periférico Wii Speak (un micrófono que se coloca sobre
o televisor para poder conversar con outros usuarios en rede) incluirá
un cupón para a descarga da Canle Wii Speak, de xeito que os usuarios
que adquiran este periférico de segunda man non poderán incorporar o engadido
software que permite empregalo fóra de xogos coma o Animal Crossing City Folk (que é o tÃtulo que introducirá este
dispositivo no mercado).
Poderiamos estar ante o primeiro paso nesta dirección, e algúns membros da
industria dos videoxogos xa adiantaron a posibilidade de que moitos contidos
(ou mesmo o final dos xogos) se vendan coma descargas, sendo de balde para os
que merquen os tÃtulos orixinais, para asà empurrar á xente a non acudir ao
mercado de segunda man, que supón unha importante fonte de ingresos para certas
tendas de videoxogos pero non para as distribuidoras e fabricantes.