Novo número da nosa edición impresa
mércores, 21 de maio do 2014
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao servizo pioneiro de acreditación profesional creado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia (CEPRAL) e á presentación do calendario de lanzamento do dominio .gal.
Tamén destacamos outros temas como:
A FactorÃa de Innovación da Coruña e o CITIC dan a coñecer a nova face do noso sector TIC
O CITIC desenvolve un sistema para coñecer o comportamento dos usuarios nunha páxina web
Vodafone garante arranxos de aparellos en cinco dÃas soltos
O CPEIG distingue o labor de TADEGa a prol da inclusión tecnolóxica
En marca o centro de emprendemento TIC de Telefónica e AMTEGA no Gaiás
Debullamos as principais funcionalidades de SICON
Fernando Rada: Unha carreira no sector dos videoxogos dende o ZX Spectrum até o iPad
<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>