O Carballo Coworking ponse ao servizo das persoas emprendedoras de Bergantiños e a Costa da Morte
xoves, 29 de abril do 2021
O
Carballo Coworking, centro de emprendemento, innovación e traballo
colaborativo impulsado polo Concello e a Deputación da Coruña, está
xa a pleno rendemento, atraendo, acubillando e asesorando novas
empresas vencelladas (preferentemente) á cultura, ás novas
tecnoloxÃas da información, á rexeneración urbana, ao benestar e
aos servizos ás persoas, ao audiovisual, ao turismo e á economÃa
social. Segundo informou o Concello, calquera persoa da contorna que
teña un proxecto destas caracterÃsticas e precise de recursos que
lle axuden a convertelo en realidade, ten no Coworking local unha boa
oportunidade para conseguilos. Neste intre, hai postos dispoñÃbeis
para favorecer o desenvolvemento de novos proxectos.
En
concreto, no
Carballo Coworking estanse a desenvolver 12 iniciativas empresariais
nas que traballan 16 coworkers procedentes de concellos da
Costa da Morte como Camariñas, MuxÃa, Zas, Ponteceso e, na súa
maior parte, Carballo. Entre as persoas usuarias do novo espazo
de traballo colaborativo atópanse 8 emprendedoras e emprendedores,
que, ben de forma individual ou en grupo, están a traballar en 6
ideas-proxectos, aÃnda en fase de pre-incubación, destinadas á
creación de empresas, na súa maiorÃa enfocadas ao benestar e
servizos ás persoas (asesorÃa empresarial, consultorÃas…),
iniciativas que forman parte da economÃa social, cultura, novas
tecnoloxÃas e audiovisual.
Nestes
sectores tamén se moven maioritariamente as 6 novas empresas, nas
que traballan 8 autónomos/as, cunha antigüidade non superior a dous
anos de exercicio empresarial (fase de incubación), e que no
coworking desfrutan da posibilidade de dispoñer dun local e
máis dunha serie de servizos e infraestruturas que contribúen a
mellorar as súas posibilidades de éxito.
Equipamento
e servizos
Ademais
dos 156 metros cadrados habilitados para un total de 18 postos de
traballo, as persoas usuarias do coworking teñen á súa
disposición un auditorio con capacidade para un centenar de
asistentes; unha aula de formación, tamén destinada a sala de
xuntanzas, sala de intercambio de experiencias e ideas, etc; zonas
comúns (vestÃbulo de acceso, recepción e zona de administración e
área de descanso); acceso a medios audiovisuais, conexión a
internet de alta velocidade por cable e Wi-Fi.
O
Carballo Coworking está aberto de luns a venres en horario
continuado de 09.00 a 19.00. As persoas interesadas en tirar proveito
dos seus servizos poden contactar a
través da web coworkingcarballo.gal ou chamando aos teléfonos
661 064 895 / 881 983 520.