O Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia acollerá un seminario sobre Windows Server 2012
martes, 19 de febreiro do 2013
- Interior do Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia, en Santiago
O
mércores 20
de marzo de 9:30 a 13:30 horas terá lugar no compostelán Centro
de Novas TecnoloxÃas de Galicia
(CNTG) un seminario práctico organizado pola ConsellerÃa de Traballo
e Benestar no que se abranguerán as novas funcións da versión de
Windows Server 2012. Cómpre dicir que o dito encontro será
impartido por Genis Margarit Contel, enxeñeiro de Telecomunicacións
pola Universidade Politécnica de Cataluña e formador na área de
administración de sistemas Windows Server e Implementación de VoIP
con Asterisk. Genis Margaret combina a súa actividade profesional
como docente na Universidade Pompeu Fabra, coa súa actividade como
consultor TIC e o seu perfil como instrutor oficial das tecnoloxÃas
Microsoft, Cisco, Google e Asterisk.
E
a quen vai encamiñada esta xornada? Pois preferentemente a
administradores/as de sistemas, administradores/as de redes, técnicos
informáticos, consultores TIC e, en xeral, profesionais TIC que
desexen actualizarse e coñecer máis polo miúdo esta nova versión
do sistema operativo.
Salientar
que o acceso ao seminario, previa inscrición
a realizar en liña a través do portal web do
CNTG,
é de balde e condicionado ao aforo do local. É preciso engadir que
o acceso ao seminario para aquelas persoas non
inscritas estará condicionado á
existencia de prazas libres o dÃa de celebración do evento.
Emporiso, o prazo de inscrición estará aberto até o dÃa 19 de
marzo.