O Concello de Ourense convida á cidadanía a probar a fondo a app municipal e enviar suxestións
martes, 28 de decembro do 2021
O
Concello de Ourense está a rematar o ano convidando a cidadanía a
descargar e facer uso da súa aplicación móbil, cuxa
versión de probas foi presentada a finais de novembro e que foi
deseñada e desenvolvida polo director xeral de Innovación do Centro
de Intelixencia Artificial da cidade, David Olivieri, “con
custo certo” para as arcas da Administración local. O convite á
cidadanía tamén vai dirixido a perfeccionar, coa colaboración dos
usuarios, a versión final da ferramenta móbil.
O
Concello explicou “que todas as persoas que o desexen poderán
darse de alta como usuarias, coñecer as súas prestacións e achegar
as súas suxestións, que serán tidas en conta para realizar a
versión final”. Por agora,
esta fase beta está dispoñíbel na páxina web do Concello.
A
aplicación pretende facilitar unha canle de comunicación coa
cidadanía, e proporcionar información, axuda e noticias sobre a
cidade, nunha soa aplicación. Conta con apartados como, entre
outros:
-eGoberno:
Para conectar con todos os departamentos e áreas do Goberno local.
-Cultura:
Para coñecer e ter a un clic os próximos eventos culturais.
-eOficina365:
Para acceder a documentación oficial, escritos e notificacións ao
instante.
-Turismo:
Para coñecer atractivos turísticos, patrimonio, roteiros e
gastronomía.
O
deseño final incluirá suxestións achegadas pola cidadanía. Por
este motivo, o Concello convida a todas as persoas que o desexen a
“que ingresen no programa de probas e participen no proceso”.
Unha vez completada, a aplicación estará dispoñíbel en Google
Play e App Store.