O Nodo DIHGIGAL entrará en funcionamento o vindeiro mes de novembro
luns, 24 de outubro do 2022
- De esquerda a dereita: Marcos Ortega, profesor responsábel do nodo en DIHGIGAL pola UDC; Eugenia Mijares, xerente de DIHGIGAL; Julio Abalde, Reitor da UDC; Salvador Naya, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia; Sonia Zaragoza, adxunta ao Vicerreitor para a Transferencia
O
Nodo de Intelixencia Artificial do Hub de Innovación Dixital de
Galicia (DIHGIGAL), coordinado pola Universidade da Coruña, vai
estar operativo este mes de novembro. Será, en palabras da UDC, unha
aposta galega polas tecnoloxías transformadoras na industria, na
administración pública, nas universidades e nos centros
tecnolóxicos. Tamén constituirá “un dos principais motores
económicos de innovación e creación de emprego, tanto tecnolóxicos
como industrial”.
A
través do propio Nodo e doutros proxectos xa apoiados por DIHGIGAL,
como a Cidade do TIC, “estréitase a unión de dous elementos
fundamentais na transformación dixital”, engaden fontes da UDC,
lembrando que estes elementos clave non son outros que os expertos en
IA (empresas TIC e centros de competencias) e usuarios da IA
(industria).
Entre
as principais liñas de actuación que serán responsabilidade do
nodo destacan as de visualizar e dar soporte aos proxectos en curso
relacionados con Intelixencia artificial así como a procura de novas
oportunidades de financiamento para proxectos innovadores coa
tecnoloxía como eixo transversal. “Todo iso partindo das
necesidades da industria e garantindo a materialización deses
proxectos en avances na súa transformación dixital e nun aumento da
competitividade das nosas empresas a nivel global”, sinalou a UDC,
engadindo que ademais do Nodo de IA, coordinado pola Universidade da
Coruña, proximamente será lanzado o Nodo de HPC (acrónimo ee
inglés computación de altas prestacións, High Performance
Computing) coordinado polo CESGA.
Creado
en 2019
DIHGIGAL
naceu en 2019 como hub da industria de Galicia, aglutinando
aos principais representantes de demanda e oferta tecnolóxica (máis
de 400 entidades, maioritariamente pemes, máis de 20.000M€ de
facturación e máis de 50.000 empregos directos). Ademais de por a
súa alta representatividade, o seu rol no impulso da transformación
dixital da industria vén avalado polo seu recoñecemento como hub
estratéxico pola Xunta de Galicia (2019), o Ministerio de
Industria, Comercio e Turismo (2021) e a Comisión Europea (2022). A
iso hai que engadir unha ampla rede de contactos internacionais entre
os que destaca a súa pertenza ás principais redes europeas de datos
(European Data Federation e Big Data Value
Association) e de manufactura (EDIH-Manufacturing).
O
funcionamento do hub articúlase na través de dúas Comisións:
demanda e oferta tecnolóxica. A primeira delas reúne a algunhas das
empresas máis representativas de Galicia xunto con pequenas e
medianas empresas e novas firmas innovadoras (startups) que
conxuntamente definen os retos da industria galega. Mentres, a
Comisión de Oferta agrupa as principais capacidades tecnolóxicas do
territorio: Universidades, Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG),
CESGA, Cluster TIC, Innovalabs, FEUGA, KPMG, CuatroDigital, Abanca,
etc. É na esta Comisión onde se definiron dúas áreas de máxima
importancia no ámbito tecnolóxico como son a Intelixencia
artificial e a HPC (computación de altas prestacións) dando lugar a
dous grupos de traballo/nodos.
O
reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, afirmou que a
incardinación do proxecto da Cidade do TIC na Coruña con DIHGIGA
“fará que a industria poida sacar o máximo partido ao este
proxecto, comezando cos laboratorios, demostradores e instalacións
do edificio CSA da Cidade do TIC, situando ademais ao proxecto da
cidade herculina como uns dos principais referentes nacionais en
tecnoloxías intelixentes”.
O
presidente de DIHGIGAL, Francisco Yáñez, comentou que “o Nodo de
Intelixencia artificial converterase nun gran activo para a Industria
de Galicia; empresas de todos os tamaños, e de diferentes sectores,
poderán beneficiarse e utilizar este coñecemento para xestionar de
forma útil a gran cantidade de datos que recompilan actualmente co
despregamento da Internet das Cousas, mellorando as operacións e o
resultado final en cada etapa do ciclo de vida empresarial. As nosas
empresas poderán deseñar, producir e entregar produtos e servizos
mellor que nunca”.