O alumnado de ESO, FP e Bacharelato poderá visitar empresas e centros tecnolóxicos galegos
luns, 10 de febreiro do 2020
A
ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de lanzar o novo
programa EduTecEmprende, a través do que alumnado de FP e
Bacharelato poderá
visitar empresas e centros tecnolóxicos da nosa comunidade. O obxectivo
desta iniciativa, que se enmarca no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo
(Eduemprende), é motivar e sensibilizar os estudantes de diferentes niveis
educativos no espÃrito emprendedor a través do coñecemento da realidade
empresarial e tecnolóxica da súa contorna, asà como a promover a súa achega ás
áreas STEM.
As
empresas e centros tecnolóxicos colaboradores, que os estudantes visitarán en
función do curso no que estean, serán os concesionarios de automoción Pérez
Rumbao, a Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de
Lugo, as centrais de enerxÃa de NATURGY, as instalacións de Aluminios Cortizo
(Padrón), o centro tecnolóxico de ANFACO-CECOPESCA (Pontevedra), o de AIMEN (O
Porriño), o Centro de Innovación e Servizos da TecnoloxÃa e o Deseño (Ferrol),
e as empresas GRADIANT (Vigo) e ENERGYLAB (Vigo).
Durante
as visitas, as alumnas e alumnos terá a oportunidade de entrar en contacto con
novas técnicas de produción, tecnoloxÃas intelixentes no seo da industria 4.0 e
diversas profesións, a través das experiencias dos traballadores e das
traballadoras, e coñecer o funcionamento dun centro tecnolóxico.
Previamente
á visita, o centro traballará a actividade propia da empresa ou do centro
tecnolóxico que se lle asigne, asà como a súa implicación no sector produtivo
correspondente, incorporando as actitudes e os valores propios do
emprendemento.
Rematado
o programa, o profesorado coordinador enviará unha memoria, na que se recolla o
traballo realizado e as conclusións das persoas participantes. O labor
realizado polo profesorado coordinador deste programa será recoñecido pola
Administración como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia de
12 horas de formación permanente do profesorado.
Solicitudes e financiamento
O programa vai dirixido ao alumnado
de 3º e 4º de ESO, bacharelato e formación profesional e poderán solicitalo os
centros educativos públicos dependentes da ConsellerÃa de Educación,
Universidade e Formación Profesional. O prazo de presentación de solicitudes
remata o 18 de febreiro de 2020. Os detalles da convocatoria poden consultarse
na convocatoria no Portal de FP.
Os
centros recibirán unha achega económica para o desenvolvemento do programa, que
deberá ser especÃfica para cada empresa ou centro tecnolóxico solicitado, ata
un máximo de 300€. Cada centro poderá enviar unha única solicitude, na que
poderá demandar máis dunha visita, coa orde de prioridade.