O centro Gradiant une forzas coa fronte empresarial AEI-Ciberseguridade
luns, 1 de setembro do 2014
O centro tecnolóxico
Gradiant formalizou este mes de agosto a súa incorporación á
Agrupación Empresarial Innovadora para a Seguridade das Redes e os
Sistemas de Información (AEI-Ciberseguridade).
A
adhesión do centro galego á devandita entidade foi cualificado
polos responsábeis de aquel como “un fortalecemento da aposta de
Gradiant por ofrecer solucións innovadoras de seguridade e
privacidade, co obxecto de achegar control total sobre datos
confidencias para cidadáns e para empresas”.
Lembrar que esta aposta
do centro galego pola ciberseguridade non é absoluto nova, e xa se
ten materializado en iniciativas como
a desenvolvida con Coremain para dotar de meirande protección á
sanidade na nube (proxecto Higea) ou a
materialización dunha ferramenta que posibilita transaccións
bancarias fiábeis, entre outros moitos proxectos, propostas e
realidades. Recordar tamén que AEI-Ciberseguridae reúne a empresas,
asociacións, centros de I+D+i e entidades públicas ou privadas
interesadas na promoción do sector das novas tecnoloxías, as súas
industrias afíns e auxiliares, así como outros sectores
emparellados co mesmo, que desexen contribuír aos fins da
asociación, no ámbito nacional das tecnoloxías de seguridade. A
agrupación conta co impulso do Instituto Nacional de Tecnoloxías
da Comunicación (INTECO).