O galego estará presente nas JPOD da man do Exército Mekemeke
venres, 24 de outubro do 2025
Esta fin de semana Terrasa acolle as Xornadas Nacionais de Podcasting (JPOD) organizadas pola Asociación Podcast, que nesta ocasión ábrense ás linguas cooficiais do Estado, e no caso da lingua galega a representación recae en Carlos Vieito, todo un activista a prol da nosa lingua, que tivo unha grande implicación na galeguización de Twitter e Bluesky, e que en 2021 fundou o Exército Mekemeke, podcast que estará presente na sala Talleres das JPOD o vindeiro domingo ás 9:00 horas, participación que poderá seguirse en directo a través de YouTube.
O Exército Mekemeke é un podcast en galego encabezado por Carlos Vieito, Miguel G. Abad e Lidia Veiga, que nas súas intervencións combinan humor, cultura e lecer, sempre con referencias xeracionais que conectan tanto coas audiencias mozas como coas nostálxicas, ao abordar temáticas que van dende a cultura bravú ata o XabarÃn Club, pasando por videoxogos, música e series dos anos 90 e 2000. Tamén realizan algunhas entrevistas e mesmo gravacións en vivo, como a correspondente a edición de 2024 do Carballo Interplay. Cómpre salientar que este ano o traballo do Exército Mekemeke recibiu o recoñecemento dos Premios Youtubeiras+ na categorÃa de canle de YouTube. Todo un exemplo de creación dixital en galego, que semella máis que axeitado para representar a nosa lingua no encontro de referencia do mundo do podcasting español.
A participación do Exército Mekemeke nas JPOD poderá seguirse en directo a través de YouTube
