O polígono do Caramuxo sobe ás redes de nova xeración

xoves, 27 de xuño do 2013 Redacción

Manuel Alonso é o director de Telefónica para Galicia

200 empresas situadas no polígono do Caramuxo e as rúas Ricardo Mella e Camiño de Camposancos, en Vigo, xa poden acceder dende hoxe á tecnoloxía FTTH (fibra ata o fogar). A nova rede, para a que se despregaron 1.000 quilómetros de fibra, foi presentada hoxe no Hotel Hesperia a medio cento de empresarios do Caramuxo, nun acto presidido polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, acompañado do concelleiro de Fomento do concello vigués.
Alonso explicou que a velocidade actualmente comercializada para a rede que Telefónica instalou no Caramuxo é de 100 Mbps, pero que pode ser practicamente ilimitada. Destacou que "esta alta capacidade de transmisión permitirá ás empresas, dende agora, dispoñer non só das mellores opcións de voz e centraliña, senón dunha capacidade de banda larga coa que poderán acceder aos servizos máis avanzados en cloud e streaming".
Pola súa banda, o concelleiro de Fomento felicitou a Telefónica polo esforzo que está a facer no despregamento de redes de última xeración na cidade, e puxo o acento tamén na xeración dos novos 100 postos de traballo xerados pola instalación de FFTH en toda a cidade.

PUBLICIDADE