O software libre abrangue a cuarta parte do catálogo ModaTIC.gal
mércores, 3 de abril do 2013
O catálogo ModaTIC.gal, do que
falamos hai pouco en Código Cero con motivo da súa presentación en Santiago,
acubilla notable presenza de tecnoloxÃas libres e metodoloxÃas de traballo
abertas. Asà nolo conta Mancomún, facendo
referencia a que a porcentaxe de open source no dito repositorio é do 25%.
Isto significa, entre outras cousas, que a cuarta parte das ferramentas que se
inclúen no catálogo, foron desenvolvidas, en forma, fondo e metodoloxÃas, con
recursos abertos, ao que cómpre engadir que, en base a isto, teñen o seu miolo
aberto para que, en caso de adquirilas, poidamos adaptalas ou mudalas en base
ás nosas necesidades particulares. Asemade, están ceibas de licenzas pechadas
e, polo tanto, de posible pagamento pola adquisición ou renovación das mesmas.
O catálogo ModaTIC.gal, que segue o ronsel do MapaTIC.gal
(o punto de encontro virtual da oferta e a demanda tecnolóxicas de Galicia.),
pero con aplicacións especÃficas no eido da moda e o téxtil, contou para a súa
elaboración coa Asociación Galega de Software Libre (AGASOL) e con outras
entidades galegas análogas como AGESTIC, o Cluster TIC, EGANET, INEO, Vindeira
e o Cluster Téxtil Moda. Esta primeira edición inclúe 40 empresas TIC e 5
axentes de innovación que ofrecen en conxunto máis de 70 solucións e servizos
tecnolóxicos. Como dixemos das empresas que concorren, o 25% ofrecen solucións
abertas, o que supón o 20% das solucións totais recollidas. As solucións libres
recollidas son sobre todo plataformas de comercio electrónico dirixidas ao
sector téxtil baseadas en Magento ou Prestahop, cos seguintes provedores
tecnolóxicos: AVA Soluciones
Tecnológicas, Hacce
Soluciones TIC, Primate,
Queres TecnologÃas S.L., Redegal e Wireless Galicia.
Ademais, informa Mancomún, Itelsis ofrece SugarCRM como solución de xestión empresarial
e relación cos clientes; Igalia
un prototipo de catálogo de tenda en escaparate e Pexego un innovador catálogo
de pedidos on e off-line. A maiores, Nasas Social & Media fornece solucións de seguimento e
promoción en liña dos seus produtos, entre outras cousas (como un xogo para
Facebook para a creación de concursos).
