Os SackBoys poderán adquirir de balde un traxe de Papá Noel

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 3 que conten con xogo LittleBigPlanet poden dende hoxe descargar de balde da PlayStation Store un traxe de Santa Claus para celebrar as vindeiras festas, aínda que esta promoción (que rematará o 8 de xaneiro) se aplicará por fase, de xeito que hoxe se pode descargar o abrigo e os pantalóns de Santa, e o xoves da semana que vén poderase completar o disfrace co gorro e a barba postiza, para que calquera SackBoy e SackGirl poida sentirse máis acorde co Nadal que se aproxima.
Os traxes para personaxes de LittleBigPlanet están a gozar de moita saúde como contidos descargables, e parecen estar a captar moita atención pola súa orixinalidade ou simpatía, coma os disfraces de personaxes de Street Fighter II (Ryu, Chun-Li, Zangief e Guile para máis señas) que se venden en grupo por 5,99 dólares, e que nos pasados días apareceron en numerosos blogs dedicados aos videoxogos por resultar curiosos e moi atinados (xa que chegan nun momento no que se vén de estrear o xogo Super Street Fighter II Turbo HD Remix e falta pouco para o lanzamento do Street Fighter IV).

Os traxes de Chun-Li, Ryu, Zangief e Guile para LittleBigPlanet están a causar furor

PUBLICIDADE