Os cambios sociais e económicos da aceleración tecnoloxÃa, polo miúdo o dÃa 16 en Santiago
martes, 9 de decembro do 2014
Este 16 de decembro
temos en Santiago nova cita coas TIC. Ou, mellor dito, co futuro da
actividade económica, que a determinados niveis é o mesmo que dicir
TIC.
A cita vén da man da Asociación para o Progreso da Dirección
(APD), que celébrase no Pazo de Congresos e Exposicións baixo o
seguinte epÃgrafe: O mundo que vén. No encontro, sinala APD
e reflicte o CPEIG, participarán relatores de renome do panorama
estatal afondando nos cambios sociais, polÃticos, económicos e
ambientais derivados da aceleración tecnolóxica. Nun plano máis
concreto, trataranse cuestións como a hiperconectividade, a
globalización e (tamén) este proceso evolutivo no que a tecnoloxÃa
semella querer ir mesmo por diante de todas as demais cousas que
evolucionan.
Segundo fai saber a
APD, na xornada abordaranse as consecuencias da influencia directa
deste proceso de aceleración (no social, no polÃtico, no económico,
no medioambiental), case con toda probabilidade non comparábel con
ningún outro proceso industrial, económico ou social previo na
historia. O evento, impulsado tamén polo IGAPE, contará coa
presenza (no acto de apertura) do presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, e o presidente da Zona Noroeste de APD, Honorato López
Isla.
Como relatores,
contarase coas intervencións (entre outras) de Francisco Berenguer
Hernández (tenente coronel e analista principal do Instituto de
Estudos Estratéxicos), Eduardo Olier (presidente do Instituto
Choiseul España), José Manuel Velasco (conselleiro de Global
Alliance por Public Relations And Communication Management), Alfonso
Vergara (presidente da Fundación Metrópoli), Manuel Villa-Cellino
Torre (presidente do Consello Reitor da Universidade Antonio de
Nebrija) ou Carlos Barrabés (presidente de Barrabés Internet).