Os descontos de Vodafone pasan a aplicarse por tempo indefinido
venres, 7 de xuño do 2024
Vodafone España inicia unha nova etapa comercial centrada na atención e experiencia dos clientes, e como mostra da nova polÃtica de empresa eliminan a limitación temporal dos descontos nos plans de prezos de todos os seus clientes particulares e autónomos. Esta medida aplÃcase de xeito automático e transparente, de xeito que os clientes non terán que preocuparse sobre a vixencia dos seus descontos, e non terán que preocuparse en contactar coa compañÃa para renovalos.
O operador tamén asegura que conta cun servizo de atención ao cliente renovado, máis accesible, rápido e personalizado, a través do teléfono 22123, do chat en liña da aplicación móbil Mi Vodafone, en WhatsApp e en tendas Vodafone.