Os portátiles con procesadores de Intel tamén poderán tirar proveito da IA
martes, 4 de xuño do 2024
- Pat Gelsinger lembrou o peso que teñen na industria os procesadores Intel Xeon e amosou novas contribucións de Intel ao ecosistema da IA
O Computex que estes dÃas está a celebrarse en Taipei (Taiwán) segue a centrarse nas novidades tecnolóxicas que orbitan ao redor da potenciación da IA a través dos novos procesadores, para facer posible o que prometen que será a informática do futuro, e dende Intel quixeron deixar claro que están sobradamente preparados para o novo escenario.
AÃnda que a compañÃa non esqueceu solucións profesionais como os novos procesadores Intel Xeon 6 (orientados para servidores de grande capacidade) ou solucións que integran aceleradores de IA curiosamente designados coa marca Gaudi, o que realmente tiña que demostrar Intel é que estaba preparado para competir con AMD e Qualcomm no ámbito dos ordenadores persoais con IA, para o que presentaron os novos procesadores Lunar Lake.
Ante as previsións de que o 80% dos ordenadores que estean no mercado en 2028 vaian contar con funcións de IA, dende Intel propoñen o uso dos seus procesadores Lunar Lake, que permitirán crear portátiles lixeiros, con consumo reducido e con posibilidades de procesamento con IA, que chegarán ao mercado en equipos que se poñan á venda no terceiro trimestre do ano, tempo dabondo para chegar para a campaña de Nadal.
A nova arquitectura Lunar Lake supón unha aposta pola eficiencia enerxética, integrando unha unidade de procesamento neuronal (NPU) de cuarta xeración capaz de procesar até 48 billóns de operacións de IA por segundo (multiplicando por 4 os resultados da anterior xeración de procesadores). Tamén contarÃa cun novo deseño de GPU, chamado Battlemage, que tanto mellorarÃa o desempeño gráfico en videoxogos como poderÃa servir para acelerar a creación de contidos mediante IA (con até 67 billóns de operacións por segundo).
ConfÃase en que este ano vexamos no mercado máis de 80 modelos de ordenadores con IA de máis de 20 fabricantes grazas aos novos procesadores Lunar Lake.
- Pat Gelsinger adiantou que haberá numerosos equipos baseados en procesadores de Intel con funcións de IA