Piden 250 millóns de dólares a Twitter por vulneracións de copyright
xoves, 15 de xuño do 2023
Un grupo de 17
editoras musicais veñen de presentar unha
demanda contra Twitter por violación de copyright dunhas 1.700 cancións,
solicitando 250 millóns de dólares para resarcir os danos provocados. A demanda
presentada no Tribunal do Distrito Federal en Nashville sostén que Twitter
facilita que os seus usuarios publiquen música na súa plataforma sen permiso, e
sen ter pechado un acordo de licenzas entre Twitter e a industria musical como
si teñen outras plataformas sociais (a través dos que compensan economicamente
polo uso da música por parte dos usuarios).
A demanda sostén que Twitter é a meirande plataforma social que rexeitou
completamente chegar a un acordo de licenzas para os millóns de cancións
xestionadas pola National Music Publishers’ Association (NMPA). Tamén detallan
casos de publicacións con centos de milleiros de reproducións nos que se
vulneraba o copyright, asà como os intentos dos editores musicais de notificar
a Twitter das vulneracións do copyright para a eliminación do contido
ilegalmente publicado en virtude dun protocolo establecido pola Digital
Millennium Copyright Act, que non se atenderÃan dilixentemente (nuns casos o
borrado realÃzase con moita demora, e noutros non chegarÃa a producirse).
A NMPA inclúe na súa reclamación 300.000 chÃos publicados dende decembro de
2021 nos que se infrinxirÃa o copyright de cancións do seu catálogo, pedindo en
compensación unha cantidade económica que serÃa claramente superior ao que
poderÃa terlle custado a Twitter chegar a un acordo de licenzas polas boas
(comentan que por 100 millóns de dólares/ano poderÃan ter permitido o uso de
música protexida).