PlayNatureWorld foi o proxecto gañador no Startup Weekend Galicia
luns, 7 de xuño do 2010
- Carlos Granados anunciando os gañadores do Startup Weekend Galicia nunha imaxe tomada por VÃctor Gómez
A pasada fin de semana Santiago de Compostela acolleu o primeiro Startup
Weekend Galicia no ITE Caixa Galicia, organizado por Carlos Granados (Planetapluton.com), Javier Varela (The
Orange Market), Iago Soto (Quobis) e MarÃa
Encinar (Iniciador Galicia),
que contribuÃron na achega deste tipo de evento fundado en 2007 por Andrew Hyde
e que procura a concentración dun grupo de emprendedores e profesionais con
talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar
unha empresa valéndose da experiencia de traballo en equipo e da competición
con outros participantes.
Este encontro foi todo un éxito no que a número de participantes se refire, e
as ideas que naceron o primeiro dÃa foron moi interesantes, aÃnda que finalmente
competiron só 5 proxectos: My Route (un sistema de cálculo de rutas
óptimas empregando o transporte público), PlayNatureWorld (xogo en tempo real
valéndose da realidade aumentada), Papiroff (editorial de contidos educativos
en soporte electrónico), Ibuky («un
Spotify de libros, revistas e xornais») e Tú Construyes (web de venda de
arquitectura de baixo custo e sustentable).
Os participantes expuxeron estas ideas, presentando análises económicas das
mesmas, simulacións, páxinas web, imaxes corporativas… elaborando todo este
material en apenas 48 horas, o que demostra a súa creatividade e capacidade de
traballo, resultando
gañador o proxecto PlayNatureWorld, que entendeuse como unha idea
moi innovadora e orixinal, que finalmente poderá presentarse no evento Hit
Barcelona que terá lugar este mesmo mes, e no que participarán
múltiples investidores e representantes de empresas coma Google ou Foursquare.
VÃdeo de presentación dos proxectos que competiron no Startup Weekend Galicia