Riddick volverá en forma de videoxogo

xoves, 4 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Despois das películas Pitch Black e Las Crónicas de Riddick, parecía que o furiano interpretado por Vin Diesel ía quedar no esquecemento, pero tras o éxito que tivo a adaptación da última película de Riddick para a Xbox orixinal desenvolvida por StarBreeze anuncian agora unha nova entrega para a primavera de 2009, que chegará a Xbox 360, PlayStation 3 e PC e responderá ao título de The Chronicles of Riddick: Escape from Butcher Bay.
Será unha mestura entre un xogo de acción en primeira persoa, un RPG e un xogo de sixilo que seguirá a senda que levou a unha boa acollida do anterior xogo, pero que desta volta tirará proveito da potencia gráfica dos equipos actuais. De feito, a aventura estará dividida en 2 partes: a primeira será unha revisión do xogo orixinal publicado hai 5 anos, e a seguinte será unha continuaci´no directa, de xeito que sumarán unhas 20 horas de diversión.

Trailer do novo xogo protagonizado polo carismático Riddick

PUBLICIDADE