Samsung presentará as súas grandes novidades o 10 de xullo

mércores, 26 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Samsung desvelou nas últimas horas que o vindeiro Galaxy Unpacked terá lugar o 10 de xullo ás 15:00 na cidade de París, aproveitando a ocasión para presentar as últimas novidades ao redor de Galaxy AI (a intelixencia artificial integrada nos dispositivos móbiles de Samsung), as novas incorporacións á familia Galaxy Z (previsiblemente o Galaxy Z Fold6 e o Galaxy Z Flip6) e outras novidades do ecosistema Galaxy.
Aínda que o Galaxy Unpacked de verán era tradicionalmente o grande evento para os móbiles encartables de Samsung, desta volta non parece que vaian ter grandes novidades, e as miradas probablemente se centren noutras novidades da compañía, como serían un Galaxy Watch Ultra e o agardado Galaxy Ring. Tamén se prevé a presentación de tabletas da familia Galaxy Tab S10 e novos auriculares (que segundo filtracións terían un deseño moi semellante aos AirPods de Apple).

Vídeo de presentación do vindeiro Galaxy Unpacked

PUBLICIDADE