Santiago Segura publicou por erro en Twitter o seu nome de usuario en Apalabrados
mércores, 6 de febreiro do 2013
A publicación accidental do seu número telefónico en Twitter
provocou
serios problemas a Paula Vázquez hai uns meses, e agora é o actor e
director Santiago Segura o que tropeza na mesma pedra, pois botando unha
partida ao popular xogo móbil Apalabrados
decidiu compartir a súa última xogada a través de Twitter para dar conta de que
estaba a xogar ben en catalán (pese a non falar tal lingua) sen decatarse de
que nas capturas de pantalla do xogo figura o seu nome de usuario, o que
provocou que en poucos minutos recibise máis de 200 peticións de partida, o que
levouno a recoñecer
a súa metedura de zoca e a desinstalar a aplicación (aÃnda que comentarios
posteriores dan a entender que só mudou de usuario ou as preferencias da
aplicación e continúa a utilizar o coñecido xogo multi plataforma).
Desta volta, Segura tomou o incidente con humor, facendo tamén referencia á
coincidencia co caso de Paula Vázquez, e desencadeando
numerosas bromas en Twitter.