TikTok presenta as publicacións de texto
luns, 24 de xullo do 2023
AÃnda que TikTok
sexa o máximo expoñente do vÃdeo vertical na actualidade, esta plataforma
considerou que non era dabondo este formato e está a presentar un novo xeito de
crear contido na plataforma: as publicacións de texto.
Este novo formato pretende dar máis posibilidades aos creadores para publicar
contidos como historias, poemas, receitas ou calquera outro contido escrito,
facilitando un novo xeito de expresarse, sen precisar que o usuario teña que
crear un vÃdeo incluÃndo tal texto.
Deste xeito, cando agora queremos crear unha publicación en TikTok podemos
elixir entre fotografÃa, vÃdeo ou texto,
contando o novo formato coas posibilidades tÃpicas de TikTok, como son incluÃr
a localización, engadir son, activar os comentarios ou permitir Dúos. Nas novas
publicacións de texto tamén é posible incluÃr adhesivos, elixir cores de fondo
e empregar etiquetas.