Un episodio de South Park con referenzas ó mundo dos videoxogos é candidato ós premios Emmy
martes, 24 de xullo do 2007
- Kenny emprega unha PSP dourada na loita do ben contra o mal
A serie de televisión Sout Park non só é coñecida pola súa irreverencia, senón tamén polo
curioso xeito de ver e criticar algúns avances tecnolóxicos como as consolas
PSP e Wii, que formaron parte esencial nalgúns episodios das últimas tempadas
da serie.
AsÃ, cando saÃu a PSP de Sony argumentaban que a consola era un sistema de
proba para detectar ó xogador máis hábil para manexar unha PSP dourada que servÃa
para controlar ás forzas celestiais na súa loita contra o Inferno (de xeito
- Cartman faise cunha Wii no futuro
que
a consola serÃa a ferramenta que posibilitarÃa a salvación do mundo) mentres
que no caso da última consola de Nintendo era a súa expectación a que centrou
un episodio, no que Eric Cartman estaba ansioso por mercar a nova consola, e
agardando a mercala quedou conxelado accidentalmente, espertando nun futuro
distante no que empregaba tódolos seus recursos para poder botar unha partida á
Nintendo Wii.
Para continuar con este absurdo tratamento das consolas de videoxogos, incluso
tratando o illamento social producido polo xogo en liña, no seu episodio
titulado Make Love, Not Warcraft (fai o amor e non xogues a Warcraft) no
que amosaban o aditivo MMORPG World of
Warcraft con moito sentido do humor, o que lle valeu unha nominación ós
premios Emmy deste ano, nos que competirá cos Simpson, Bob Esponxa, Robot
Chicken e Avatar.
Ata setembro non se coñecerán os resultados dos premios, pero dada a repercusión
da candidatura dos debuxos de Trey Parker e Matt Stone poderiamos afirmar que
xa hai uns claros favoritos.
|