WhatsApp para Android ofrece bloqueo mediante pegada dixital de xeito xeral
xoves, 31 de outubro do 2019
O pasado verán WhatsApp introduciu
nas súas versións de proba a posibilidade de gozar do bloqueo da aplicación
mediante pegada dixital, impedindo asà que miradas curiosas poidan acceder
ao noso historial de conversas se teñen acceso ao noso dispositivo desbloqueado,
e agora esta
funcionalidade ábrese a todos os teléfonos con Android que conten con lector de
pegadas dixitais.
Quen queira gozar deste tipo de bloqueo simplemente ten que acudir a Ajustes
-> Cuenta -> Privacidad -> Bloqueo con huella dactilar
e activar Desbloquear con huella dactilar. Esta funcionalidade permite
logo elixir o tempo que agardará a aplicación en volver bloquearse
(inmediatamente, despois dun minuto ou despois de 30 minutos) e tamén permite
elixir se queremos que as notificacións de WhatsApp oculten os contidos das mensaxes
recibidas.
No caso de iOS esta funcionalidade non só soporta pegada dixital, senón tamén
identificación facial, algo que non acontece en Android, o que pode ser un problema
para usuarios de dispositivos como os Pixel 4, que carecen de lector de
pegadas.