WordPress Coruña achega en xaneiro un meetup sobre SEO con Wajari Velázquez
venres, 5 de xaneiro do 2024
O
centro coruñés WekCo (no 2 de Novo Mesoiro) vai acoller o vindeiro
18 de xaneiro unha nova Meetup de WordPress, a desenvolver baixo o
epígrafe Gerión,
Hércules e Crunia: Usando un faro para mellorar a túa estratexia
SEO. A cita, prevista para as 19.30 horas, vén da man
da Comunidade de WordPress Coruña e preséntase como unha boa
oportunidade de formación avanzada para os/as profesionais da
mercadotecnia dixital.
Nesta
sesión, explorarase a importancia do posicionamento en buscadores e
redes (SEO polas súas siglas en inglés) para os negocios online,
poñendo o foco na ferramenta esencial de Google: Search Console.
“Utilizaremos os mitos da fundación da cidade da Coruña para
proporcionar unha experiencia didáctica e entretida, revelando
trucos clave para mellorar os resultados nos motores de procura”,
explican dende a Comunidade de WordPress, engadindo que se contará
coa presenza de Wajari Velázquez, prestixioso consultor SEO e membro
activo da comunidade WordPress. Wajari, ademais de compartir a súa
vasta experiencia en visualización web e WordPress, guiará aos
asistentes a través das vantaxes de entender e seguir as directrices
de Google, maximizando así a visibilidade dos seus contidos en liña.
Ao
finalizar as presentacións, os asistentes poderán gozar dun período
de networking. Prazas
limitadas a 30 persoas.