eWEEK destaca as tecnoloxÃas emerxentes que non se consolidaron en 2007
mércores, 5 de decembro do 2007
- A guerra de formatos retrasa a entrada dos discos de alta definición
A revista
eWEEK publicou unha listaxe coas tecnoloxÃas emerxentes máis decepcionantes de
2007, o que non indica que non sexan importantes, senón que aÃnda non
acadaron a súa madurez, de xeito que poderÃan marcar o que serÃan os éxitos de
2008 ou 2009.
Entres estas tecnoloxÃas que non cumpriron coas expectativas destaca Second Life, pois era unha anunciada
revolución que non acabou de chegar, e que se limitou a ser un bluff que só serviu para dar publicidade
a distintas empresas que empregaron a plataforma para aparecer na prensa (aÃnda
que outros mundos virtuais si parecen estar a colectar grandes éxitos).
Os ordenadores ultraportátiles tamén foron un produto que invadiu as tendas de
informática pero que non convenceu ós consumidores principalmente polo seu
prezo, o que poderÃa cambiar en breve grazas a equipos coma o Asus Eee PC.
Algunhas tecnoloxÃas que estaban a ser moi anunciadas por certas empresas como
as solucións de VoIP para o fogar, os sistemas de seguridade móbil ou o IPv6,
pese a que están aÃ, non conseguiron destacar, como tamén acontece cos lectores
de libros electrónicos, que parecen os eternos candidatos a introducirse no
mercado.
A guerra de formatos de alta definición iniciada entre o Blu-ray e o HD DVD está
a ter o efecto que todos agardábamos: ninguén se atreve a apostar por ningún
dos discos ante a posibilidade de mercar o Betamax do futuro. Todo indica a que
en 2008 tampouco coñeceremos cal será o cabalo gañador.
E mentres a telefonÃa móbil non para de evolucionar, as tecnoloxÃas sen fÃos
parece que atopan atrancos, e asà as distintas iniciativas para montar redes
Wi-Fi urbanas nos EE.UU. están caendo ante a ausencia dun modelo de negocio
sostible que as fai inviables, mentres que o WiMAX continúa a ser un soño, e
ter banda larga en calquera lugar mediante esta tecnoloxÃa tamén se poderÃa
facer de rogar.
O máis frustrante desta listaxe de decepcións é que a meirande parte das
tecnoloxÃas que non calaron en 2007 poderÃan quedar como están en 2008, pois as
demandas do mercado non sempre se corresponden á oferta tecnolóxica, e os
usuarios resÃstense ó cambio constante que esixe a industria para a súa evolución
e supervivencia.