A Biblioteca Virtual de GaliciaDixital chega ás 250 obras
martes, 21 de decembro do 2021
Coa incorporación do libro Un
Lugo de cine de Manuel Curiel Fernández, publicado polo Grupo Fotocinematográfico
Fonmiñá, dentro da Biblioteca da Semana de Cine de Lugo, a Biblioteca
Virtual de GaliciaDigital consegue rematar 2021 sumando un total de 250
libros na súa plataforma dixital.
Esta biblioteca en liña recolle obras de poesÃa e narrativa, ensaio e
reportaxe, en galego ou español, achegadas de xeito desinteresado para
facilitar o acceso de balde a unha literatura de proximidade. Levan preto de 5
anos incorporando unha publicación á semana, facilitando asà a divulgación das
obras reproducidas por vontade dos seus autores, entre as que se atopan tanto
creacións antigas como recentes.