A Deputación de Lugo rematou a selección do persoal para desenvolver o Acelera PEME
martes, 16 de maio do 2023
A
Deputación de
Lugo informou do remate do proceso de selección do persoal necesario
para desenvolver o programa Acelera PEME, a través do que
prestará durante dous anos soporte e asesoramento gratuÃtos a
pequenas e medianas empresas e persoas autónomas en materia de
transformación dixital.
O
proxecto está financiado con fondos da Unión Europea, a través da
entidade pública empresarial Red.Es (dependente do Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital), que aporta 400.000€,
mentres que a institución provincial achega 100.000€. Este
programa conta con seis dinamizadores e un xestor dixital, que
atenderán as oficinas xa despregadas nos concellos de Viveiro, Lugo,
A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Acelera
PEME é un programa que busca axudar ás empresas na súa
transformación dixital e, con iso, fomentar a transformación da
economÃa e da sociedade cara a unha contorna dixital, contribuÃndo
ao mantemento da poboación rural no contexto do reto demográfico.
Trátase dunha das medidas enmarcadas na Axenda España Dixital
2026 e no Plan de Dixitalización de PEME que forma parte do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia.