A Deputación de Ourense pon en marcha un sistema pioneiro de voz contra a exclusión dixital
martes, 26 de decembro do 2023
A
Deputación
de Ourense habilitou un sistema pioneiro en Galicia contra a
inclusión dixital coa administración por voz. O sistema,
abeirado ao Programa ChegOU, está dispoñíbel para que a cidadanía
presente as solicitudes para beneficiarse del. "Estreamos un
novo sistema onde a voz de cada persoa será o método de sinatura
dos seus trámites administrativos, contribuíndo a lograr que
ninguén quede atrás no ámbito tecnolóxico mediante un sistema
pioneiro, moderno e útil", explicou o presidente provincial,
Luis Menor, engadindo que desde xaneiro de 2024 todos os programas da
área de Benestar poderán ser solicitados con este sistema, tal e
como anunciou Menor, tras realizar unha simulación en directo do
funcionamento desta nova canle.
O
director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira,
destacou “a innovación social que representa este sistema”. Ata
hoxe, dixo, existían catro vías de atención: 100% dixital;
presencial para cidadáns con fenda dixital severa; e híbrida
(dixital e presencial).
Na
presentación desta nova canle administrativa participaron o
presidente provincial, Luis Menor; a deputada de Benestar Social,
Patricia Torres; e o director da área de Benestar da Deputación,
José Juan Cerdeira, que fixeron unha demostración práctica deste
novo sistema que utiliza a voz da persoa usuaria como a súa
"sinatura biométrica vocal". De feito, o propio Menor
Pérez realizou unha simulación en directo para amosar os pasos e
mecanismos implantados con este sistema, para o “que só é
necesario contar cun teléfono móbil con Whastapp ou correo
electrónico, aplicacións que dan entrada á tramitación e que
recibe ao final o xustificante de presentación do trámite
realizado”.
Con
este novo método, explicaron, as persoas que non dispoñen de medios
ou de coñecementos tecnolóxicos -ou na meirande parte dos casos,
que non teñen certificado dixital-, poderán obter o mesmo dereito
que os cidadáns dixitais, cos mesmos prazos e menor carga
administrativa.
Pasos
a dar
As
persoas que queiran solicitar o Programa ChegOU a través da
administración por voz, poderán chamar ao 988 317 766 e fixar unha
cita. Recibirán un correo electrónico e a través de Whatsapp unha
ligazón para ser atendido o día e a hora que solicitasen. O día e
hora da cita deberá facer clic na ligazón que reciba para ser
atendido a través do móbil ou PC por un empregado público que
cubrirá a solicitude en liña. Unha vez terminada poderá
visualizala no dispositivo e asinala coa voz, que será a sinatura
biométrica vogal que quedará anexa á solicitude, sendo presentada
ante o rexistro electrónico a través dun funcionario habilitado. No
mesmo día, en correo e por Whatssapp recibirá a solicitude
rexistrada.
No
prazo máximo de sete días hábiles (no caso de que cumpran os
requisitos solicitados para a concesión da axuda) a persoa recibirá
no seu domicilio unha tarxeta prepago coa axuda que lle corresponda
para ser empregada en gasto sosiosanitario nas farmacias da
provincia.