A Factoría de Innovación de Vigo analiza as tendencias tecnolóxicas na empresa
luns, 15 de decembro do 2014
Este
mércores, 17 de decembro, a Factoría de Innovación de Vigo
celebrará a partir das 17:00 horas, nas instalacións centrais do
Consorcio da Zona Franca de Vigo, o
showroom Como
as tendencias tecnolóxicas están a transformar o xeito de
relacionarnos cos axentes clave da empresa?,
incluído no seu Programa de Actividades en Aberto. O principal
obxectivo desta actividade é analizar, a través dos casos concretos
de Buscadestinos, Grupo Predomina, Ultreia Comunicacións e Ayco
Internet, o cambio que as novas tecnoloxías están a provocar na
maneira na que as empresas se relacionan coas súas principais
audiencias.
Ademais,
outro dos cometidos do encontro é dar
a coñecer as vantaxes que achegan as
TIC
á hora de captar novos clientes, reter o talento, relacionarse coa
sociedade ou implicar aos provedores na cadea de valor empresarial.
Asemade, abrangueranse conceptos como o posicionamento SEM e SEO, as
alternativas en software libre para realizar unha xestión de
éxito
ou as aplicacións de Xestión dos Dispositivos
Móbiles (GDM).
Os
interesados en participar
nesta xornada de balde deben enviar o formulario que atoparán na
páxina
web da Factoría de Innovación de Vigo.
O aforamento está limitado a 100 prazas que se asignarán por
rigorosa orde de inscrición.
Programa
17:00h. Apertura da
xornada
Rosa Eguizábal.
Directora de Promoción Económica. Consorcio da Zona Franca de Vigo
17:15h.
Presentacións tecnolóxicas
-
Mellorando o
posicionamento da nosa empresa en Internet.
José Alcañiz.
Xerente. Buscadestinos
-
Incorporando o
comercio electrónico nas nosas relacións con comerciais con
clientes
Fernando Gómez.
Director. Grupo Predomina.
-
Integrando
dixitalmente aos nosos clientes e provedores na cadea de valor
Eduardo Díaz.
Socio. Ultreia Comunicacións S.L
-
Implicando aos
nosos recursos humanos mediante a nova concepción da “mobilidade”.
Fernando Campos.
Socio Director. Ayco Internet
19:00h. Quenda de
preguntas
19:15h. Fin do
showroom