A SGAE critica o modelo de negocio de Google
martes, 28 de setembro do 2010
O subdirector xeral da Sociedade Xeral de Autores e
Editores (SGAE), Pablo Hernández,
criticou
a «opacidade» do modelo de negocio de
Google e a posición dominante do xigante de Internet, que acapara máis do
90% das buscas na Rede, segundo un estudo do ICOMP.
Hernández aludiu a Google
durante a celebración dunha mesa redonda na SGAE con
motivo da presentación do segundo libro do ICOMP
(Iniciativa por un Mercado Online Competitivo)
titulado A Propiedade Intelectual en
Internet: A busca de prácticas empresariais sustentables.
En opinión de Hernández, para os sectores baseados
na información (música, noticias, videoxogos ou información audiovisual, entre
outros) Internet supuxo un reto xigantesco porque entrou neles de forma avasaladora, ou que engadiu que «os contidos foron o motor do boom na
industria tecnolóxica, aÃnda que se ben os creadores de contido achegaron
moito, non viron desenvolvido o potencial de desenvolvemento dos contidos en
Internet».
Neste sentido recordou como todos os sectores necesitan ter un retorno do
investimento e, non obstante, a maior parte dos beneficios van parar actores
que recorren a «atallos ou ligazóns» como YouTube.
O subdirector da SGAE entende que esta situación que
constitúe a nova realidade produce un desequilibrio entre os provedores de
contidos e os que facilitan o acceso a estes que «hai que solucionar».
En relación ao tema da neutralidade de Internet e do descoñecemento xeral dos
parámetros de busca que emprega Google, Hernández afirmou que algúns son «evidentemente patrocinados» pero opacos, mesmo para as empresas
que se benefician deles.
Ao seu entender, se esta situación non se soluciona, no futuro as empresas que
perduren serán as que sobrevivan á crise e «as
que se publiciten en Google».
Por outro lado, na mesa redonda tamén participaron o voceiro do ICOMP, Andrés Font Galarza; a
directora da asesorÃa xurÃdica e secretaria do consello de Administración de
Unidade Editorial, Irene Lanzaco; e a directora
xeral de Estée Lauder España, Leticia
Domecq.
Na mesma liña que Hernández, Lazcano
aludiu á compañÃa de Eric Schmidt como «o xigante que todo o copia, todo o
clasifica e todo o almacena». Neste sentido, fixo un percorrido polos
litixios que a compañÃa acumula en Europa e asegurou que «está a realizar un abuso da súa posición de dominio nas buscas». «Google tiña moi
claro dende o principio que querÃa catalogar toda a información e non lle
importou como», engadiu.
A experta de Unidade Editorial criticou, ademais, «a pouca información que teñen as autoridades sobre unha compañÃa que
ten tanto impacto no mercado español».
En relación á recente sentenza do litixio entre Youtube
e Telecinco, afirmou que «deixa totalmente
indefensos aos creadores de contidos que asisten dÃa tras dÃa ao espolio dos
seus dereitos por parte de terceiros que sempre encontran unha vÃa de escape».
Sobre esta sentenza tamén se pronunciou o voceiro de ICOMP,
Andrés Font, que asegurou que esta causou sensación a nivel internacional.
Ademais, resaltou que no argumento da decisión do xuÃz se demostra impotencia para decidir sobre esta
situación.
Por último, a directora xeral de Estée Lauder, en
calidade de representante da industria do luxo na mesa redonda, criticou como
os motores de busca crean confusión no consumidor e distorsionan as marcas na
rede, dado que en ocasións o consumidor non ten claro en que páxina está a
entrar. Neste sentido, avogou pola «publicación
dos seus criterios de busca».