A asociación ADAPTA organiza un obradoiro de habilidades dixitais en Ponteareas
luns, 31 de xullo do 2023
A
Asociación
de Persoas con Discapacidade do Condado e Paradanta (ADAPTA) abre o
prazo de inscrición para o Obradoiro de Habilidades Dixitais para Uso Cotián que
vai dar comezo no mes de setembro, os martes e xoves en horario de 17
a 19 horas nas instalacións da asociación que ten no barrio de
Canedo de Ponteareas.
Financiado
polo programa a Depo en Marcha que financia a Deputación de
Pontevedra, o obradoiro está dirixido a persoas maiores de 50 anos
prioritariamente, o obxectivo desta formación é ofrecer
coñecementos no manexo de Internet para o uso de aplicacións que
nos permiten realizar xestións dende o terminal móbil como a banca
electrónica, citas médicas, entre outras.
Cunha
duración de 30 horas, este obradoiro terá un custo de 7 euros. Ao
ser as prazas limitadas, é necesario reservar contactando no
teléfono 986 916 012 ou enviando un Whatsapp ao número 662 947 289.