A exploración espacial centra un ciclo da RAGC e a Deputación da Coruña, coa colaboración do CITIC e o IGFAE
mércores, 5 de xuño do 2024
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición do ciclo Avances, en colaboración do CITIC da UDC, o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE-USC), o Campus Industrial da Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para o que está aberta a inscrición. Este evento, coordinado polas catedráticas Minia Manteiga e Ana Ulla, celebrarase entre o 10 e o 13 de xuño e abordará temas fundamentais da ciencia actual, dende a orixe do cosmos ata a exploración espacial e a procura de vida extraterrestre.
O propio CITIC acollerá unha xornada divulgativa sobre Onde a vida poida estar no universo, na que explorará as posibilidades de vida alén noso sistema solar, centrándose nas investigacións actuais e nos avances cientÃficos neste ámbito. O acto será no CITIC o vindeiro 12 de xuño e contará cunha presentación a cargo do subdirector do Centro de Investigación TIC, Javier Pereira e da propia Minia Manteiga.
Asà mesmo, a xornada do CITIC contará con tres intervencións, a de BenjamÃn Montesinos Comino, do Centro de AstrobiologÃa (CAB), CSIC-INTA e presidente da Sociedad Española de AstronomÃa (SEA), que falará sobre O contexto do noso sistema solar en relación con outros sistemas planetarios. A participación de Isabel Rebollido Vázquez, da Axencia Europea do Espazo (ESAC), quen tratará a procura de vida máis aló do sistema solar e os retos futuros nesta área. E, por último, coa presenza de Ester Lázaro Lázaro, tamén do Centro de AstrobiologÃa (CAB), CSIC-INTA, que analizará As bases da vida desde unha perspectiva astrobiolóxica.
Tralas intervención, haberá un debate, onde os asistentes poderán interactuar cos expertos, permitindo unha discusión enriquecedora sobre os principais avances e desafÃos. De feito, este formato fomenta a participación activa e a reflexión crÃtica entre os participantes, facendo do ciclo Avances unha plataforma dinámica para o intercambio de coñecementos cientÃficos.
Previamente a dita sesión celebrarase unha charla o 10 de xuño en Santiago, no Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE-USC). Trátase da xornada Facendo conexións entre a FÃsica de PartÃculas e a CosmoloxÃa.
A segunda será o dÃa 11 no salón de actos do Campus de Ferrol. Desenvolverase baixo o epÃgrafe Dende a astrofÃsica das ondas gravitacionais aos telescopios Cherenkov: medindo o universo máis extremo.
O 12 celebrarase a charla sobre a vida no universo no Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña.
E o ciclo pecharase o 13 na Coruña, na Casa das Ciencias, coa sesión Exploración e observación especial.