A galega Beatriz Mato incorporase ao Consello de Administración de Euskaltel
martes, 25 de agosto do 2020
O
Consello
de Administración do Grupo Euskaltel, do que forma parte a empresa
de ámbito galego R, propuxo por unanimidade o nomeamento de Ana
García Fau e Beatriz Mato como novas conselleiras independentes do
Órgano de Goberno da compañía. Con esta proposta, o Grupo
Euskaltel busca, nas súas palabras, “adoptar os modelos máis
avanzados na adecuación das normas de Bo Goberno Corporativo, pola
composición paritaria - 40% de mulleres - e de conselleiros
independentes no seu Consello de Administración”. Beatriz Mato,
como recordaremos, foi conselleira de Traballo e de Medio Ambiente
nos anteriores gobernos de Alberto Núñez Feijóo.
Segundo
explican fontes de Euskaltel, Fau e Mato foron elixidas “como as
candidatas idóneas para ocupar o cargo de conselleiras da compañía,
tras un proceso de selección liderado pola comisión de nomeamentos
da empresa, que presentou a proposta ao Consello de Administración,
onde recibiu o apoio de todos os seus membros”. A decisión
baseouse “no perfil profesional das candidatas” e na “súa
dilatada experiencia e coñecementos no sector das telecomunicacións
tanto a nivel local, como nacional e internacional”.
Con
estes nomeamentos, o grupo vasco quere dar nas mellores condicións o
seu vindeiro paso empresarial, unha estratexia que pasa “por
fortalecer o arraigamento das súas marcas tradicionais nos seus
mercados naturais”, e por “abrirse ao mercado nacional en plena
expansión, reforzando o liderado da compañía na transición
dixital”.
- Ana García Fau
Ana
García Fau é licenciada en Dereito e Ciencias Económicas e
Empresariais pola Universidade Pontificia Comillas, ICADE (E-3,
especialidade financeira). Ten un Mestrado en Administración de
Empresas polo MIT Sloan School Of Management de Massachusetts.
Ademais, é membro, entre outras organizacións, do consello asesor
de DLA Piper Global & DLA Piper International, LLP,
Salesforce.com Iberia/EMEA e de fundacións e asociacións como
International Women Forum Spain.
Conta
cunha ampla experiencia no sector das telecomunicacións, ocupando
diferentes postos de responsabilidade no Grupo Telefónica e
Yell-Hibu, onde desempeñou responsabilidades executivas.
Beatriz
Mato Otero, nacida en Barakaldo (Bizkaia) en 1965, é enxeñeira
industrial, especialidade Organización Empresarial, pola Escola
Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao, e Mestrado MBA de
Dirección e Administración de Empresas, pola Escola de Negocios da
Universidade da Coruña. Ademais, ten o Certificado de Bo Goberno de
Sociedades polo Instituto de Conselleiros-Administradores, e é
membro da Asociación Española de Conselleiras.
Beatriz
Mato conta con 30 anos de experiencia profesional na empresa privada
e pública, liderando proxectos empresariais no sector tecnolóxico e
de consultoría en pemes e multinacionais e tamén desenvolveu a súa
carreira na xestión pública como Conselleira do Goberno autonómico
de Galicia.